Localizado o cadáver dunha muller nunha praia de Porto do Son (A Coruña)

Publicado: lunes, 6 enero 2025 17:28

A CORUÑA 6 Ene. (EUROPA PRESS) -

O cadáver dunha muller foi localizado este luns nunha praia do municipio coruñés de Porto do Son, segundo informa o servizo de emerxencias 112 en redes sociais.

En relación ao caso, confirmaron a Europa Press que tiveron constancia da presenza do corpo, após recibir o aviso, ao redor das dúas da tarde polo que se deu traslado a servizos de emerxencia.

En concreto, foi un particular o que atopou o corpo na praia de Arnela, en Baroño (Porto do Son). Após ter constancia dos feitos, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061; Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Protección Civil.

Contador