Lores lamenta que os "rutineiros" orzamentos da Xunta non recollan "ningún" proxecto de futuro en Pontevedra

Archivo - Arquivo - O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante unha entrevista con Europa  Press, na Casa Consistorial, a 25 de maio de 2022, en Pontevedra, Galicia, (España).  Miguel Anxo Fernández comezou a gobernar en 1999, cando o
Beatriz Ciscar - Europa Press - Archivo
Publicado: viernes, 21 octubre 2022 16:36

   O alcalde só ve partidas para iniciativas de "continuidade" e reprocha o "abandono" das estradas autonómicas

   PONTEVEDRA, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lamentou que os "rutineiros e burocráticos" elaborados pola Xunta para o 2023 non recollan ningún dos "proxectos de futuro" que ten a cidade do Lérez.

   Segundo aseverou o rexedor, as contas limítanse "ao que obrigatoriamente teñen que recoller", que, segundo dixo, son aquelas obras que están xa en execución.

   Lores citou ao novo hospital de Montecelo, a estación intermodal ou o emisario submarino da ría como exemplos desas actuacións que resultan "inevitable que recollan partidas para a súa continuidade".

   Tamén se referiu ás partidas xenéricas, "que sempre son un caixón de xastre onde uno nunca ten a seguridade de saber se se van a executar ou non", nas que aparecen obras de mantemento e de equipamento "que son da súa competencia e da súa responsabilidade", como a residencia de Campolongo, "que xa leva varios anos aparecendo", ou a reforma do IES Vale-Inclán, entre outras.

   "É decepcionante que os orzamentos non recollan ningún dos proxectos de futuro que ten Pontevedra", declarou Fernández Lores. "Eu entendo que os orzamentos deberían mostrar a lealdade institucional da Xunta co Concello de Pontevedra", engadiu.

"NINGUNHA REFERENCIA A SANTA CLARA"

   O rexedor nacionalista afeou que as contas para o próximo exercicio non teñan "ningunha referencia" ao Convento de Santa Clara, o que demostra, ao seu xuízo, que para o Goberno autonómico non hai "ningún interese neste asunto".

   O mesmo ocorre con outros "importantes" proxectos que tampouco aparecen reflectidos, "ningunha mención á recuperación ambiental da ría e dos ríos; nada para As Xunqueiras, nada para o Gafos, nada para o Lérez, mesmo desaparece o dragado deste, que levaba metido nos orzamentos varios anos".

   "Pode apostar por eses proxectos ou seguir dándolle as costas aos cidadáns de Pontevedra, que é o que estivo a facer o presidente anterior", incidiu o alcalde, para cargar contra Alberto Núñez Feijóo.

"INSULTANTE" PARA PONTEVEDRA

   Lores cualificou de "insultante" o tratamento cara aos cidadáns de Pontevedra, no referido ás estradas que son de competencia autonómica como a de Marín, a de Vilagarcía, a de Piñeiro-Bora e o núcleo de centralidade de Marcón e a de Campo Lameiro ao seu paso pola parroquia de Lérez. "Até quitan dos orzamentos a variante Alba", reprochou.

   O alcalde de Pontevedra criticou que "os gobernos de Feijoo abandonaron as estradas de Pontevedra e polo que se ve, tamén, estes primeiros orzamentos do señor Rueda tamén as abandonan".

REUNIÓN O MARTES

   Miguel Anxo Fernández Lores lembrou que está programada unha reunión o vindeiro martes co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o que apuntou: "Estamos dispostos a seguir colaborando, o que pasa é que agora xa é responsabilidade do presidente querer colaborar con Pontevedra".

   O rexedor, do BNG, indicou que aínda ten "esperanza" en "cambiar o posicionamento do presidente da Xunta para con Pontevedra" e que espera conseguilo, mostrándose convencido de que, "se hai respecto mutuo e lealdade institucional, as cousas funcionan moitísimo mellor".

Leer más acerca de: