Marea e PP da Coruña piden a Inés Rey acatar a sentenza que anula o nomeamento de Mónica Martínez como concelleira

Actualizado: jueves, 14 abril 2022 15:15

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Marea Atlántica e PPdeG censuran a actitude da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e solicitan que o Goberno local acate a sentenza xudicial que anula o nomeamento de Mónica Martínez --que se presentou ás eleccións por Ciudadanos-- como concelleira de Deportes.

   A sentenza, ademais de anular o nomeamento, obriga a restituír ás arcas municipais a diferenza de soldo entre antes e despois do nomeamento.

   A portavoz de Marea Atlántica, María García, reclamou este xoves en rolda de prensa que o Goberno local acate a sentenza e destitúa a Mónica Martínez como concelleira de deportes.

   "Quero pedirlle á alcaldesa que corrixa o erro que representou darlle a unha tránsfuga un posto no seu Goberno, que a destitúa tal e como lle pedimos no seu momento e como acaba de ordenar o xulgado un ano e medio despois, sen malgastar máis diñeiro público en recorrer unha sentenza ben clara", aseverou.

   García insta o Goberno da Coruña a retomar a "senda da legalidade e a saúde democrática" e lamenta que perdesen "o rumbo", algo que apunta "sucedeu á volta do verán de 2020, época na que remodelou por primeira vez o seu goberno abrindo unha crise permanente que chega até hoxe".

    "Non chegamos ao xulgado por gusto, xa que o 1 de outubro de 2020 perdemos o cesamento de Mónica Martínez pola vía dun recurso de reposición dentro do procedemento administrativo do Concello. Só cando se inadmitió este recurso fomos ao xulgado, que agora confirma todos os nosos argumentos".

   "Ter no Goberno a unha persona que se presentou ás eleccións por Cidadáns, organización que acabou sen representación no Pleno a pesar de alcanzar o voto de 7.000 persoas, viola o Pacto Antitransfuguismo, a Lei de Bases de Réxime Local e a Regulación Orgánica do Concello da Coruña", insiste.

"A PUNTILLA A UN GOBERNO ESNAQUIZADO" PARA O PP

   Pola súa banda, o Grupo Popular considera que "esta nova ilegalidade" pon a "puntilla final" a un Goberno municipal "esnaquizado".

   "Entre os que botan, os que foxen, as que apartan e as que anulan os xulgados, a Inés Rei e a Lage Tuñas non queda ninguén", destaca Rosa Gallego, que lembrou ademais que hai pouco máis dunha semana coñecíase outra sentenza que anulaba o nomeamento como Xefa de Seguridade Cidadá, por non estar justificado, "dunha enchufada que ía na lista de Inés Rey nas municipais de 2019".

   "Esta sentenza é o punto e final para un goberno municipal roto, esnaquizado, dividido, ínfimo e sen rumbo nin dirección. Entre sentenzas xudiciais, nomeamentos ilegais, dimisións, acosos verbais e humillacións a compañeiras, cesamentos a compañeiras de partido, A Coruña está a sufrir as consecuencias dunha xestión nefasta para a que, ademais, escolleron como socios a unha Marea que xa demostrou no seu catro anos de goberno que non son útiles para a cidade", afirmou a portavoz Popular.

   Gallego tachou o pacto entre o PSOE e Marea de "culebrón de denuncias, chantaxes e ameazas, cos coruñeses como reféns". Inés Rey puido elixir o pacto por Coruña co PP, pero preferiu a peor opción e a cidade sófreo", recrimina Gallego.

Leer más acerca de: