SANTIAGO DE COMPOSTELA 2 Feb. (EUROPA PRESS) -
A portavoz sanitaria do Grupo de En Marea, Eva Solla, considerou un "feito gravísimo" a investigación por suposta prevaricación no concurso de ambulancias iniciado en 2014 e adxudicado en 2015 por 121,6 millóns de euros e pediu explicacións á Xunta.
"De confirmarse todo o que sinala a investigación, este é un feito gravísimo nun servizo básico para a cidadanía e que apunta a un funcionamento gravísimamente irregular por parte da Consellería de Sanidade, que debería desembocar en dimisións ou os cesamentos correspondentes", apuntou, en declaracións a Europa Press, Eva Solla.
En calquera caso, para En Marea, o departamento autonómico que actualmente dirixe Jesús Vázquez Almuiña debería "explicar o que sucedeu" neste concurso e, de feito, "está a Xunta prestando servizos tan imprescindible como o das ambulancias".