Mellora a calidade do aire en Galicia, con maioría de estacións en situación favorable ou regular salvo en zonas de Vigo

Publicado: domingo, 22 septiembre 2024 17:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A calidade do aire mellora en Galicia, coa maioría de estacións de medición en situación favorable ou regular salvo dous puntos de Vigo que teñen unha calidade mala.

    Segundo a web de Meteogalicia, os dous puntos da cidade olívica que se atopan neste nivel é a estación de Coia e no polígono de Balaídos, onde está a fábrica de Stellantis.

    Este nivel, aínda, débese ao contaminante PM25 --que se orixinan nos incendios-- como consecuencia dos lumes do norte de Portugal.

    Desta forma, a calidade do aire en Galicia é favorable no 48,8% das estacións, regular no 27,9% e boa no 18,6%.

    Durante esta xornada Galicia atópase na influencia dun centro de baixas presións pouco profundas centradas ao norte e coa circulación do noroeste. O vento é frouxo en dirección variable con predominio do compoñente norte.

Contador

Leer más acerca de: