Militantes e simpatizantes do PSOE concéntranse en Santiago en apoio a Pedro Sánchez: "Si, vale a pena"

Concentración dos socialistas galegos en Santiago
EUROPA PRESS
Publicado: sábado, 27 abril 2024 12:54

   Tachan a situación de "inxusta e inmoral" e denuncian os "ataques e descualificacións" que "padecen" os socialistas nos últimos meses

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Militantes e simpatizantes do PSOE concentráronse este sábado en Santiago, baixo a choiva, para mostrar o seu apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e remarcaron que "si, vale a pena" que continúe no cargo.

   O acto tivo lugar na Casa do Pobo e entre os presentes estivo o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que portou, xunto con outros compañeiros de partido, unha pancarta baixo a lema 'Pedro estamos contigo'.

    Alí, entoaron cánticos como 'Pedro non te rendas' e 'Pedro estamos contigo' e víronse carteis coa foto do presidente o Goberno acompañados de '#NoTeRindas'.

    O secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, denunciou, ante os medios, que Galicia "xa viviu" estas "prácticas mafiosas" do PP de Feijóo e nesta xornada o que quixeron trasladar ao presidente do Executivo Central é que "si, vale a pena loitar".

    "Todos os que estamos aquí hoxe dicímoslle alto e claro que ten o noso apoio, o noso agarimo, a nosa comprensión, pero sobre todo o que queremos é que siga para que as políticas socialistas, que son as que necesitan as persoas do común da rúa, continúen", enxalzou.

SITUACIÓN "INXUSTA E INMORAL"

   Ademais, leron un manifesto no que denunciaron os "ataques e descualificacións" que "padecen" os socialistas nos últimos meses.

    Uns ataques que, incidiron, o que pretenden é "destruír" o seu moral como socialistas e "buscan instaurar" na cidadanía "un hartazgo xeneralizado" da política.

    "A escalada destes ataques nos últimos días é política, pero sobre todo, humanamente insoportable. A dereita e a ultradereita escalaron un paso máis nestes ataques persoais a Begoña", lamentaron.

   Por todo iso, como socialistas "non pode" quedan "á marxe, nin calados" ante unha situación que tacharon de "inxusta e inmoral". "Non podemos tolerar que se pretenda cambiar a vontade democrática da cidadanía do noso país con accións xudiciais infundadas", clamaron.

    Neste contexto, remarcaron que "non poden consentir" que a dereita "pretenda instrumentalizar" o Estado de Dereito para "facerse co poder por encima de todo".

    A política, continuaron, ten que ser un "lugar de encontro" para a "construción dunha sociedade democrática e igualitaria" para toda a cidadanía, desde os "diferentes pensamentos e posicionamentos" que defenden as distintas forzas políticas.

    Así mesmo, fixeron referencia á carta que Pedro Sánchez enviou á cidadanía e na que se preguntaba se valía a pena. Ante esto, foron rotundos: "si vale a pena continuar facendo unha España plural e diversa, ampliando os dereitos e liberdades da cidadanía do noso país".

    "Non podemos permitir que ás malas artes, as malas prácticas, as malas persoas e a mala política triunfen. Non revelamos ante esta forma de facer política da dereita do noso país. Non vencerán!", sentenciaron.

Leer más acerca de: