Miñones avanza que o Goberno transferirá 10,7 millóns á Xunta para "transformar" o servizo de xustiza

O delegado do Goberno no acto de de  apertura do ano xudicial no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
Publicado: sábado, 21 mayo 2022 13:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 May. (EUROPA PRESS) -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou que o Executivo central transferirá un total 10.748.559 euros á Xunta para "transformar" o servizo público de xustiza de Galicia "e facelo máis accesible e eficiente".

"Con eta importante investimento, de máis de 10,7 milloens de euros, o Goberno moderniza a Xustiza galega, achégaa á cidadanía e contribúe ao esforzo común decohesión e sustentabilidade do sistema", destacou o represenante do Goberno. Este investimento económico do Goberno forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Concretamente, Galicia recibirá 9,6 millóns de euros en 2022 e 1,07 millóns en 2023, no marco da distribución aprobada no último Consello de Ministros, a proposta do departamento estatal. Esta inveresión servirá, así, para desenvolver o Plan Xustiza 2030, dentro do proceso de dixitalización da administración.

"A Xustiza ten que sincronizarse cunha realidade que é cambiante e, con ese obxectivo, o plan Xustiza 2023 permítenos avanzar cara a unha tutela xudicial efectiva e unha xustiza modernizada que a cidadanía entenda", afirmou José Miñones.

Con esta asignación de fondos, o Goberno dá cumprimento aos prazos pactados entre as autonomías e o Ministerio que dirixe a Pilar Llop na última conferencia sectorial, destaca o delegado. A distribución territorial será aprobada nunha próxima conferencia sectorial extraordinaria.

PLAN XUSTIZA 2030

José Miñones lembrou que o plan xustiza 2030 baséase en tres eixos: facilitar acceso á xustiza por parte da cidadanía, consolidar as garantías e dereitos, promover a eficiencia operativa do servizo e impulsar a transformación dixital, incrementando a cohesión e coordinación territorial.

"Só accédese a unha xustiza plena se se comprende", manifestou o delegado, quen apuntou que o plan do Goberno para modernizar a Xustiza en España prevé, entre outras medidas, "modernizar a linguaxe xurídica e pór ás vítimas dos delitos no centro do sistema".

O Goberno tamén promove a creación dun sistema alternativo de solución de conflitos paralelo e, por outra banda, "reforza" as oficinas de atención ás vítimas dos delitos. Ao tempo, impúlsase un plan de gardas para médicos forenses e a revisión dos protocolos de intervención en casos de violencia sexual.

Leer más acerca de: