SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -
Un home perdeu a vida este luns tras sufrir un atropelo no municipio coruñés da Laracha.
Segundo informou o 112 Galicia, un particular alertaba á central de emerxencias sobre as 07.30 horas de que se produciu un atropelo no quilómetro 6 da estrada AC-523. Tal e como indicaba a persona que deu o aviso, o implicado atopábase inconsciente.
Con estes datos, os operadores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha.
Os equipos de emerxencias acudiron até o lugar, pero non puideron evitar o falecemento da vítima.