Morre un motorista de 49 anos de idade após chocar contra un coche en Vigo

Archivo - Arquivo - Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia.
URXENCIAS SANITARIAS-061 - Archivo
Publicado: viernes, 28 junio 2024 10:50

VIGO, 28 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un motorista de 49 anos de idade, J.J.Q.B., perdeu a vida nas últimas horas após chocar contra un turismo na PO-552, ao seu paso pola parroquia de San Miguel de Oia, en Vigo.

Segundo confirmaron fontes do CIAE 112-Galicia, o accidente ocorreu sobre as 21,30 horas deste xoves e foron varios os particulares que alertaron a Emerxencias para informar o suceso. Así, as testemuñas relataban que o condutor da moto necesitaba atención sanitaria urxente após chocar contra un coche.

O 112 avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico, unha ambulancia de soporte vital avanzado e un equipo de Atención Primaria até o punto do accidente e, aínda que o persoal sanitario estivo a lle practicar manionbras de reanimación cardiopulmonar, non puido facer nada por salvar a vida do motorista.

Os servizos de Emerxencias tamén alertaron a Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada, que se encargaron de restablecer a circulación nese punto da vía.

Contador