Morre un mozo en Vigo ao ter un accidente cunha carretilla elevadora

Publicado: jueves, 20 junio 2024 22:22

VIGO, 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un mozo de 24 años de idade morreu este xoves en Vigo logo de sufrir un accidente cunha carretilla elevadora, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional.

O 112 Galicia informou de que o suceso tivo lugar pouco antes das 19,30 horas, cando un particular alertou a Emerxencias de que un home tiña quedado atrapado debaixo dunha carretilla elevadora no lugar de Parachán, na parroquia viguesa de Candeán.

O CIAE 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias 061, aos bomberos, Policía Nacional e Policía Local. Unha vez no lugar, os bombeiros rescataron ao mozo, que foi atendido por persoal sanitario, e o vehículo foi retirado por un guindastre.

Fontes da Comisaría de Vigo confirmaron que, finalmente, o mozo resultara falecido.

Contador