Morre unha muller e o seu fillo sae ferido grave no incendio dun piso en Sigüeiro rexistrado antes dun desafiuzamento

Publicado: viernes, 4 junio 2021 14:51

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller duns 60 anos de idade faleceu no incendio dun piso en Sigüeiro --Oroso (A Coruña)-- rexistrado na mañá deste venres, xornada na que se ía a producir o desafiuzamento da vivenda.

   A Garda Civil investiga as causas do lume rexistrado nesta vivenda da rúa Rosalía de Castro que, segundo os primeiros indicios, puido ser provocado polo fillo da falecida, de 39 anos e que residía no piso coa súa nai.

   O home foi trasladado polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 con feridas graves ao Hospital Clínico de Santiago, onde se atopa custodiado por axentes do Instituto Armando.

   O suceso tivo lugar ao redor das 11,20 horas deste venres en Sigüeiro. Segundo fontes próximas ao caso, o cadáver da muller foi localizado no interior da vivenda unha vez apagadas as chamas, tarefas nas que resultaron feridos dous operarios afectados polas altas temperatuas alcanzadas no interior do inmoble.

   O incendio, do que alertaron aos servizos de emerxencias veciños da zona, produciuse nun piso que ía ser desafiuzado por orde xudicial na mañá deste venres.

   O operativo despregado continúa traballando na zona para evitar a propagación das chamas e lograr sufocar por completo o incendio.

Leer más acerca de: