O Morriña Festival arrinca o venres na Coruña con artistas como Louis Tomlinson, Nicki Nicole, Aitana ou Lola Índigo

Archivo - Imagen de la presentación del Morriña Festival.
XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 22 julio 2024 13:28

A CORUÑA 22 Jul. (EUROPA PRESS) -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este luns na presentación dunha nova edición da Morriña Festival, que se celebrará entre o venres 26 e o sábado 27 de xullo na Coruña e contará coas actuacións de artistas como Louis Tomlinson (ex de One Direction), Nicki Nicole, Aitana ou Lola Índigo.

No acto, Merelles puxo en valor o compromiso da Xunta coa celebración do evento, "coa intención de intensificar a oferta turística da cidade que está a ser un dos destinos urbanos máis destacados".

Tal como dixo, a urbe herculina é o segundo destino urbano con maior demanda turística de Galicia, crecendo no que vai de ano un 4%. "É un destino que gusta, e moito, e con grandes eventos e citas musicais como estas contribuímos a incrementar o seu atractivo", engadiu.

O Morriña comezará o vindeiro venres, día no que actuarán Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Iván Ferreiro, Dani Fernández, Juan Magán, Sen Senra, Dorian, Marlena e Enol.

O sábado será a quenda de Aitana, Lola Índigo, La la Love You, Yandel, Iñigo Quintero, Dei V, Pedro Capó, Malmö 040, Dollar Selmouni, Yeico x Troni, Garabatto, Tashi e Toni Seijas.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado