Os dous incendios da Gudiña (Ourense) suman 290 hectáreas queimadas e o de Laza, de 68, está xa extinguido

Archivo - Arquivo - Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro, a 6 de agosto de 2022, en Boiro, A Coruña (Galicia). A Consellería do Medio Rural informou de que a superficie calcinada no incendio declarado o
César Arxina - Europa Press - Archivo
Publicado: martes, 17 septiembre 2024 21:08

   Activo outro lume en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), que afecta a 20 hectáreas

   OURENSE, 17 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Os dous incendios que afectan o concello ourensán da Gudiña, concretamente á parroquia de Barxa e Pentes, continúan crecendo e suman xa 90 e 200 hectáreas arrasadas, respectivamente. Mentres, o de Laza quedou xa extinguiudo após afectar a 68 hectáreas.

   Segundo o último parte de incendios da Consellería do Medio Rural, o de Pentes, o máis grande cunha estimación dunhas 200 hectáreas, continúa estabilizado --sen controlar-- desde a pasada medianoite e "evoluciona favorablemente". Nel levan traballado 15 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, catro pas, dous técnicos, dez helicópteros e oito avións.

   En canto ao segundo, en Barxa, continúa activo tras iniciarse sobre as 00.17 deste martes. Afecta, polo momento, a 90 hectáreas. Na súa extinción mobilizáronse nove axentes, 11 brigadas, oito motobombas, dúas pas, catro técnicos, oito helicópteros e oito avións, así como medios terrestres procedentes de Portugal.

   En canto ao de Laza, na parroquia de Trez, a Consellería deuno por extinguido ás 20.43 horas da tarde deste martes, dous días despois de que se detectase. No seu caso, afectou a unha superficie de 68 hectáreas --50 de monte raso e 18 de arborado-- e traballaron 17 axentes, 33 brigadas, 22 motobombas, dúas pas, dous técnicos, oito helicópteros e catro avións.

   A maiores, a Xunta informa de que está activo outro lume no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), desde as 17.19 horas deste martes. Leva calcinadas unhas 20 hectáreas da parroquia de Aguasantas e mobilizáronse oito axentes, 15 brigadas, dez motobombas, dúas pas, catro técnicos, cinco helicópteros e seis avións.

   Cabe lembrar que nas últimas horas tamén se deu por controlado un incendio de 15 hectáreas en Porto do Son (A Coruña), parroquia de Caamaño, que chegou a estar próximo a vivendas durante a madrugada.

Leer más acerca de: