O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta. Parlamento
DAVID CABEZÓN @ XUNTA
Publicado: martes, 18 octubre 2022 12:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Oct. (EUROPA PRESS) -

Os orzamentos da Xunta para 2023 alcanzan os 12.620 millóns de euros, o que supón incrementar en case 1.000 millóns a contía das contas vixentes (+8,5%), segundo avanzou este martes en rolda de prensa o presidente galego, Alfonso Rueda.

Destacouno ao termo do Consello extraordinario que deu luz verde ao proxecto, xunto á lei de medidas fiscais e administrativas.

Rueda resaltou que o gasto social sitúase en 9.368 millóns de euros, 709 máis que en 2022, e cifrou en 2.772 os millóns previstos para investimento, 217 máis. Ademais, asegurou que 128 millóns serán os que "permanecerán nos petos dos cidadáns" por novas medidas fiscais.

(Haberá ampliación)

Más noticias

Leer más acerca de: