Os tres aeroportos galegos perden pasaxeiros no mes de outubro

Archivo - Arquivo - Imaxe do aeroporto de Vigo.
PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Archivo
Publicado: martes, 12 noviembre 2024 15:39

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O tres aeroportos galegos perderon pasaxeiros en outubro en comparación co mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados por Aena este martes.

   A terminal de Vigo é a que se anota o maior descenso (-10,1%) na comparativa interanual, cun total de viaxeiros que se reducen a 91.149.

   O aeroporto de Santiago rexistrou un total de 305.244 pasaxeiros en outubro, o que supón un 9,3% menos que no décimo mes de 2023. Mentres, a caída na Coruña foi do 6,1%, con 105.672.

   No entanto, no acumulado do dez primeiros meses, o aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro supera xa os 3 millóns de pasaxeiros (3.158.628), un 2,3% máis que no mesmo período dun ano antes. Nestes meses, operaron 23.283 aeronaves e pasaron pola terminal de carga 4.209 toneladas de mercadorías.

   En cambio, os pasaxeiros acumulados no que vai de 2024 en Vigo quedan en 876.245, un recorte de 9,6% fronte a 2023, aínda que hai que ter en conta que en maio estivo operativo só seis días debido ás obras de reasfaltado da pista.

   A Coruña supera o millón de usuarios (1.032.656) durante o que vai de ano, pero cun 2,1% de descenso na comparativa interanual. Leva 12.207 voos e 44,3 toneladas de mercadoría este 2024.

Contador

Leer más acerca de: