Podemos Galicia espera que "se chegue a un acordo" e "todo o mundo" poida estar no acto de Sumar o 2 de abril

O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón, en declaracións aos medios.
PODEMOS GALICIA
Publicado: domingo, 26 marzo 2023 15:17

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón, sinalou este domingo que espera que "se chegue a un acordo" e "todo o mundo" poida estar no acto de peche do proceso de escoita de Sumar no que, previsiblemente, a ferrolá Yolanda Díaz anunciará a súa candidatura á Presidencia do Goberno, que se celebrará o vindeiro domingo.

   "Podemos quere ir a ese acto e está a falar cos compañeiros de Sumar para que se dean as condicións para poder ir", remarcou San Ramón.

   Así, reiterou que Podemos Galicia ten "invitación para acudir a ese acto" e eles "sempre están en todos os espazos" onde se lles convida. "Esperamos que se chegue a un acordo e que o domingo poida estar todo o mundo no acto", afirmou.

   Tanto o líder da formación morada en Galicia, como o deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino xa confirmaron que acompañarán a Yolanda Díaz o próximo 2 de abril.

'A RUTA QUE TRANSFORMA'

   Este domingo Podemos Galicia organizou en Santiago un acto de 'A ruta que transforma', un evento de traballo que, segundo detallou San Ramón, "está a facerse na organización a nivel federal, encabezada por Ione (Belarra) e por Irene (Montero), para remarcar as medidas" que realizan desde o Goberno do Estado, así como para reclamar que se poñan en axenda varias iniciativas lexislativas pendentes, como a lei de vivenda ou o tope ao prezo dos alimentos.

   "Creo que este tipo de actos sérvennos para pór en valor e en axenda o traballo que estamos a facer, ademais de para pór en valor e en axenda o traballo que estamos a facer para presentar aos nosos candidatos", resumiu.

   No acto estivo presente tamén o deputado de Podemos na asemblea de Madrid Serigne Mbaye, o deputado de Galicia en Común no Congreso Antón Gómez Reino, e as candidatas ás alcaldías da Coruña e Lugo, Isabel Faraldo e Ximena Cheda.

Leer más acerca de: