Pontón (BNG) asegura que coa morte de Domingo Villar Galicia perde "a unha persona ilustre"

Publicado: miércoles, 18 mayo 2022 18:08

A CORUÑA 18 May. (EUROPA PRESS) -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou o "agarimo" á familia do escritor vigués Domingo Villar, falecido este mércores após sufrir o luns unha hemorraxia cerebral.

Ademais de expresar o apoio á familia, incidiu en que, coa súa morte, non só está de loito a cultura. Estao, dixo, "toda Galicia".

"Pérdese a unha persona ilustre", recalcou Ana Pontón para quen o seu falecemento supón para todo o país "unha profunda ferida e pena".

Domingo Villar faleceu este mércores após sufrir o pasado luns unha hemorraxia cerebral, segundo confirmaron a Europa Press fontes da editorial Siruela. Villar foi ingresado na madrugada do pasado luns no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Leer más acerca de: