Pontón espera unha "importante mobilización" e apela á cidadanía a "decidir que Galicia en Europa quere"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, vota no CGAC de Santiago acompañada de Néstor Rego, Rubén Cela, Míriam Louzao e Goretti Sanmartín.
BNG
Publicado: domingo, 9 junio 2024 11:31

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que espera unha "importante mobilización" este domingo de eleccións europeas, á vez que apelou a toda a cidadanía a "decidir que Galicia en Europa quere".

   En declaracións aos medios tras votar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago sobre as 10.30 horas, a líder nacionalista manifestou que exerceu este dereito "con toda a ilusión" e coa "convicción" de que Galicia se xoga "moito en Europa".

   "Hoxe é un día para reclamar que a cidadanía vote. Que os galegos e galegas voten pensando en quen pode defender mellor os seus intereses en Europa. Que voten pensando no que nos estamos xogando neste momento e que utilicen o poder que lle dá o voto para decidir que Galicia en Europa queren e tamén que modelo de Europa desexan para o futuro", explicou.

   Pontón, acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, entre outros, desexou unha "participación relevante" e "importante" nos comicios comunitarios.

   Así, a portavoz nacional do Bloque --que acode a estas eleccións na coaliación Agora Repúblicas-- lembrou que o voto é "un dereito" que custou "moito tempo conquistar" e insistiu na idea do "importante" que é decidir "cal é o papel" tanto de Galicia en Europa como da propia Europa "no mundo".

Contador