PP ve "lamentable" a postura de BNG e PSOE ante Venezuela e expresa a súa solidariedade con "a inmensa maioría" do país

Archivo - Arquivo - O portavoz do PP no Parlamento galego, Alberto Pazos Couñago
PP - Archivo
Publicado: viernes, 10 enero 2025 14:14

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O PP de Galicia cualificou de "lamentable" a postura do BNG e o PSdeG ante a situación política que atravesa Venezuela e na que aprecian a uns nacionalistas que "apostan abertamente polos ideais dun ditador como (Nicolás) Maduro" e a uns socialistas "que fai seguidismo" do Goberno central, "distante" e "desaparecido neste conflito".

   Nunha rolda de prensa celebrada este venres na Cámara autonómica, o portavoz parlamentario do PP galego, Alberto Pazos Couñago, manifestou a solidariedade do seu partido con "a inmensa maioría" do país latinoamericano que "está grintado liberdade, que se respecte o que decidiron as urnas e que lle devolvan o país que lle roubaron".

   Após manifestar o seu respaldo ao candidato opositor Edmundo González e a María Corina Machado, Pazos demandou a implicación do Goberno central ante a "situación incerta" do xornalista fillo de galegos Carlos Correa e que interceda para lograr a súa "liberación" e a do resto de "presos que os son exclusivamente por non ser afíns ao réxime ditatorial que goberna na actualidade Venezuela".

   Así, o portavoz popular cargou contra a postura dos partidos da oposición en Galicia ante a situación en Venezuela, pois ve ao BNG cunha "aposta aberta polos ideais dun ditador", en alusión a Maduro, e ao PSdeG que fan "seguidismo dun Goberno central distante e desaparecido".

Contador