O PPdeG asegura que o debate evidenciou a "unha oposición perdida" fronte a un goberno "sólido"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e a viceportavoz parlamntaria Paula Prado
EUROPA PRESS
Publicado: jueves, 14 octubre 2021 13:22

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PPdeG e viceportavoz parlamentario, Miguel Tellado, asegurou que o Debate sobre o Estado da Autonomía permitiu ver a unha "oposición perdida, ensimesmada" que "repetía os vellos mantras de sempre" fronte a un goberno "sólido" e "unido" aínda que "ferido no emocional" pola perda do conselleiro de Facenda Valeriano Martínez.

   Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves para presentar as 40 propostas de resolución que os populares galegos trasladarán ao debate e nas que se inclúen as medidas anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como a rebaixa de impostos e a gratuidade das gardarías para todos os nenos de 0 a 3 anos, Tellado sostivo que a oposición "non estaba no que había que estar".

   "Ana Pontón (BNG) debeu terminar o seu período de reflexión, segue á espera dunha aclamación dos coroneis da UPG, unha aclamación que todo parece indicar que non dá chegado", argumentou para engadir que Gonzalo Caballero (PSdeG) compareceu máis pendente das declaracións que das declaracións que facía noutros foros o seu compañeiro Valentín González Formoso, que da intervención do presidente da Xunta", sostivo.