O PPdeG pon de exemplo en Sevilla a "política que serve" de Galicia como "un espello" para o Goberno central

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acompañada do portavoz no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, na 27ª Interparlamentaria do PP en Sevilla.
PPDEG
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 29 marzo 2025 14:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo como exemplo, na Interparlamentaria do PP en Sevilla, a "política que serve" de Galicia como "un espello no que mirarse" o Goberno central.

   "Un Goberno central que segue cos orzamentos prorrogados e que sen eles, difícilmente, podemos dicir que haxa políticas serias para ofrecer aos españois", sinalou Paula Prado.

    No lado oposto, Prado enxalzou que, en Galicia, o PPdeG "pode mirar aos ollos" aos galegos porque "cumpre" co que se lles esixe. "Este 2025, a nosa comunidade suma xa 16 anos consecutivos cos orzamentos aprobados en tempo e forma e faino sen sobresaltos, sen estridencias e sen leas", apuntou.

    A secretaria xeral do PPdeG incidiu en que "é o momento de que Sánchez e os seus deixen de mirar cara ao independentismo e miran cara a comunidades como Galicia.

    Ademais, remarcou que tamén é o momento de "cumprir cos traspasos" de competencias comprometidos, as transferencias de fondos europeos para proxectos estratéxicos ou a mellora en infraestruturas.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado