PSdeG e BNG acusan á Xunta de "subir o recibo do lixo" e o PPdeG di que é "competencia municipal"

Archivo - Arquivo - Complexo Ambiental de Cerceda (A Coruña)
SOGAMA - Archivo
Publicado: lunes, 7 noviembre 2022 16:05

Os socialistas presentarán unha emenda á lei de medidas que acompaña aos Orzamentos para "reverter a subida" do canon

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Nov. (EUROPA PRESS) -

O PSdeG e BNG acusaron ao Goberno galego de "subir o recibo do lixo" despois de facerse público que Sogama anulará a bonificación do 10% nos recibos do lixo dos 167 concellos, adscritos á entidade de xestión ambiental, que cumprían cos compromisos de redución de volume de lixo e envases lixeiros.

O portavoz do Grupo Socialista, Luís Álvarez, avanzou, este luns en rolda de prensa, que presentarán unha emenda á lei de medidas que acompaña, un ano máis, aos orzamentos galegos para o próximo exercicio co fin de "reverter a subida" do canon, xa que ven a medida como "incongruente, inxusta e innecesaria".

Nesta liña, sinalou que con esta iniciativa fomentábase "a reciclaxe e a separación de residuos", ademais de ser "unha medida contraria aos intereses de Galicia".

"A cidadanía ten que ser absolutamente consciente de que o incremento no recibo da recollida do lixo é culpa da Xunta porque ten a porcentaxe maioritaria de participación nesa empresa", criticou Álvarez.

Así, incidiu en que esta é unha decisión "única do Goberno galego" xa que, argumentou, ten o 51% da titularidade da empresa. Con isto remarcou que esta decisión "desincentiva a separación de residuos e é contraria aos principios ambientais máis elementais".

INCREMENTO DE 45 MILLÓNS DE EUROS

Ademais, detallou que esta medida se produce mediante a xustificación do "incremento dos custos de electricidade e de gas para incinerar a parte correspondente á coxeración de enerxía".

Con todo, Álvarez sinalou que para o ano 2023 Sogama incrementará "nin máis nin menos que 45 millóns de euros" os seus ingresos por xeración de electricidade, o que se debe a que a empresa "ten instalados 470 millóns de quilowatts hora anuais".

Nesta liña, o portavoz do PSdeG desmentiu ese argumento referido aos custos de electricidade xa que o beneficio pola venda de electricidade será "moi superior aos incrementos que debe asumir".

"SOBEN A auga E O LIXO PARA COMPENSAR O PELOTAZO FISCAL"

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou que os orzamentos para 2023 da Xunta "son insolidarios" e que, "non só se vai a incrementar o recibo da luz", senón que "tamén aumentará o recibo da auga de 300.000 familias".

O BNG cualificou a política fiscal da Xunta como "inxusta" e denunciou que a Xunta "sobe a auga e o lixo ás familias para poder compensar o pelotazo fiscal 34 de millóns de euros que lle fan a 7.700 millonarios".

Nesta liña, Pontón indicou que solicitarán a retirada de "toda esta política fiscal regresiva" e que con eses 34 millóns de euros "poderíase recuperar o cartón básico e mellorar as axudas e o recursos públicos".

"APLICAR A TAXA CORRESPONDE Aos CONCELLOS"

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, preguntado polos medios, sinalou que aplicar a taxa á recollida de lixo "corresponde aos concellos, non á Xunta".

Así, lembrou que o relativo ás taxas e prezos públicos "está conxelado" nos orzamentos galegos para 2023 e remarcou que é "competencia municipal".

Leer más acerca de: