O PSdeG ve "decepcionante" a bonificación do 50% do imposto de patrimonio por beneficiar "aos máis ricos"

Archivo - Arquivo - O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
PSDEG - Archivo
Publicado: viernes, 23 septiembre 2022 15:44

A CORUÑA 23 Sep. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, cualificou de "decepcionante" comprobar que "a primeira medida fiscal" que adopta o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "ten que ver con beneficiar aos máis ricos".

González Formoso fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas após o anuncio do titular do Executivo autonómico de ampliar a bonificación ao imposto de patrimonio, que pasará dun 25% ao 50% no orzamento de 2023.

"Estamos a falar de que lle vai a baixar os impostos ao 0,02% da poboación galega, mentres o 99% seguen esperando que esa rebaixa de impostos chegue no seu tramo de IRPF correspondente", declarou o secretario xeral dos socialistas galegos.

Así mesmo, engadiu que a cidadanía quere unha "política fiscal seria, pensada por e para Galicia e non para Xénova e para os intereses dos baróns do PP".

"Galicia non debe de estar supeditada ao criterio da presidenta da Comunidade de Madrid nin á Comunidade de Andalucía", puntualizou.

Leer más acerca de: