PSOE e D.O. facilitan coa súa abstención a aprobación dos orzamentos da Deputación de Ourense

Pleno da Deputación de Ourense
DIPUTACIÓN DE OURENSE
Publicado: viernes, 29 noviembre 2024 12:24

   SANTIAGO / OURENSE, 29 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A abstención dos deputados provinciais de PSOE e Democracia Ourensana facilitou este venres a aprobación dos orzamentos para 2025 da Deputación de Ourense, que ascenden a 105 millóns de euros, un 9% máis que no anterior exercicio.

   O goberno provincial que integra o PP en minoría e que está encabezado polo presidente ourensán, Luis Menor, logrou sacar adiante as contas grazas á abstención de socialistas e o partido do alcalde da Cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome.

   O BNG, que presentou unha enmieda á totalidade dos orzamentos, foi o único grupo que votou en contra. A pesar de permitir coa súa postura que os orzamentos fosen adiante, PSOE e D.O. expresaron as súas críticas á configuración das contas, que os primeiros ven carentes de iniciativa para "impulsar" a provincia e afrontar o declive demográfico e os segundos consideran continuistas.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contador

Leer más acerca de: