A CORUÑA, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -
O rei Felipe VI ten previsto participar o vindeiro xoves, día 28, no XXIII Congreso de Directivos CEDE, que se celebrará na Coruña e que congregará a 1.400 directivos co propósito de analizar o panorama actual e os desafíos futuros.
Así o confirmaron fontes da súa contorna consultadas por Europa Press e, desta forma, o xefe do Estado volve repetir na cita que a cidade herculina xa acolleu en 2015.
A edición deste ano, baixo a lema 'Liderado en tempos de intelixencia artificial', dará cita a expertos, directivos e líderes co obxectivo de abordar a situación actual e o futuro económico.
Así mesmo, o Congreso contará coa participación da presidenta do Banco Europeo de Investimentos, Nadia Calviño, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outros.