A CORUÑA 28 Sep. (EUROPA PRESS) -
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, considerou positivo que existan "diferentes candidaturas" para liderar o PSdeG, após confirmarse a intención do presidente da Deputación coruñesa e secretario provincial dos socialistas nesta provincia, Valentín González Formoso, de disputar o liderado ao actual secretario xeral, Gonzalo Caballero.
A preguntas dos xornalistas, incidiu en que nos próximos días será "o pistoletazo de saída" ás primarias de cara ao congreso de decembro e emprazou a respectar "os tempos do partido". "Que son os tempos dos militantes", dixo.
Preguntada se Formoso é o seu candidato, asegurou que "o proceso aínda non se iniciou". Con todo, manifestou del que é un "candidato solvente".
"Procede do municipalismo, apegado aos problemas e preocupacións da xente", engadiu a rexedora coruñesa, para quen é positivo que existan "diferentes candidaturas".