Rexistrado un terremoto de 3 graos de magnitude en Baleira (Lugo)

Epicentro terremoto Baleira (Lugo).
IGN
Publicado: jueves, 19 diciembre 2024 13:37

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Dic. (EUROPA PRESS) -

   O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este xoves un terremoto de magnitude 3 no municipio lucense de Baleira.

   Segundo a información recollida polo IGN, o sismo produciuse ás 12.37 horas a 20 quilómetros de profundidade e sentiuse, con diferente intensidade, en Becerreá, O Corgo, Folgoso do Courel, Castroverde e Lugo.

    Así mesmo, nas últimas horas tamén se rexistrou un tremor de terra leve con epicentro en Vilariño de Conso, na provincia de Ourense, de intensidade 1,8 mbLg.

   Neste caso, o movemento sísmico foi detectado cando pasaban poucos minutos das 22.00 horas deste mércores, cunha magnitude leve e con epicentro a 22 quilómetros de profundidade.

   Ademais, este mércores tamén se rexistrou outro tremor no municipio de Cervantes, en Lugo, á primeira hora da mañá. Este sismo foi tamén leve, cunha magnitude de 1,7 mbLg, e con epicentro a 9 quilómetros de profundidade.

Contador

Leer más acerca de: