Rueda dá por feito que Calvo e Conde estarán no seu Goberno e insiste en contar cos mellores sen cotas territoriais

Alfonso Rueda.
PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Publicado: martes, 3 mayo 2022 16:49


VIGO, 3 May. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo en funcións, Alfonso Rueda, asegurou que espera que Diego Calvo e Francisco Conde acepten formar parte do seu Goberno, que contará "cos mellores" sen cotas territoriais.

Así o sinalou Rueda este martes en Vigo após ser preguntado sobre se Conde ou Calvo aceptaron xa o seu ofrecemento para formar parte do Executivo da Xunta.

A pesar de que aínda non houbo resposta, o aínda vicepresidente en funcións da Xunta deu por feito que si estarán no novo Executivo galego, que se dará a coñecer despois da súa investidura, o vindeiro sábado 14 de maio.

Segundo el, a semana que vén é a investidura, polo que hai que respectar "os tempos". "Que sexa o Parlamento, que é onde reside a soberanía de todos os galegos, o que elixa e se saio elixido, falaremos do Goberno", indicou.

Con todo, si que destacou que sería un "erro" empezar por ver de onde é cada persona e logo coñecer a súa valía no canto de "facelo ao revés" e escoller ás persoas "que realmente valen" con independencia de que lugar de Galicia sexan. "Gobernaremos para toda Galicia e todos somos galegos", reivindicou.

Preguntado tamén por se ser presidente da Xunta sería compatible co seu posto de secretario xeral do Partido Popular galego, Rueda indicou que as cousas de partido trataranse despois de ser investido.