Sorprendido un mozo de 23 anos circulando en moto a máis de 200 km/h pola AP-9 á altura de Narón (A Coruña)

Publicado: martes, 5 noviembre 2024 13:25

A CORUÑA 5 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil de Tráfico investiga a un mozo de 23 anos de idade que foi sorprendido a pasada fin de semana circulando nunha motocicleta a máis de 200 quilómetros por hora, por un tramo da autoista AP-9 ao seu paso por Narón (A Coruña), onde a velocidade está limitada a 100 quilómetros por hora.

Segundo informaron fontes da Comandancia, os feitos ocorreron na madrugada do pasado venres, nun control de verificación da velocidade na autoestrada. Nese punto, un vehículo-radar do subsector de Tráfico detectou unha motocicleta de 750 cc que circulaba a 203 quilómetros por hora, máis do dobre da velocidade máxima permitida.

Este exceso de velocidade constitúe un delito contra a seguridade viaria, polo que se tramitaron dilixencias de investigación penal contra o condutor. A documentación xa foi remitida ao xulgado.

O motorista enfróntase a unha posible pena de prisión de entre 3 e 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade. Ademais, tamén está prevista nestes casos a retirada do permiso de conducir por un período de entre 1 e 4 anos.

Contador

Leer más acerca de: