A subdelegada do Goberno confirma que até o sábado seguirase tentando reflotar o 'Blue Star'

Publicado: martes, 10 diciembre 2019 14:01

A CORUÑA 10 Dic. (EUROPA PRESS) -

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, confirmou que até o sábado seguirase tentando reflotanr o 'Blue Star', aproveitando a pleamar prevista durante os días desta semana.

Sobre a situación do barco, asegurou que agora se está "na fase" de reflotar o barco para que llo leven, logo, "a un estaleiro".

"Sabiamos das dificultades", asegurou, após os intentos errados, a preguntas dos xornalistas con motivo da rolda de prensa que ofreceu para informar o envío da vida laboral e as bases de cotización por parte da Seguridade Social.

Respecto dos traballos que se están realizando, explicou que se segue con actuacións "como o reforzo do casco para poder amarrar os cables e que os dous remolcadores potentes que chegaron contratados pola empresa poidan tirar".

Para lograr reflotalo, remitiuse ao exposto polos técnicos. "Que ten que haber unha conxunción de marea e de ondada",
asegurou, incidindo en que esta semana están previstas "mareas moi vivas" e que, por iso, trabállase co convencemento de que "se pode tentar".

En canto ao intento deste luns a media mañá, ratificou que o buque se moveu "como un oito metros" e explicou que esta pasada noite volveuse "a tentar", pero sen un resultado favorable.

PLEAMAR

"Temos todo o resto desta semana de posibles mareas fortes e con ondada", incidiu en alusión ás condicións necesarias para o reflote. Por iso, dixo que "en cada pleamar volverase a tentar", apuntando ao sábado como último día desta semana cos requisitos necesarios para axudar a mover o barco.

Preguntada pola posibilidade de que de aquí ao sábado non se consiga o reflote, remitiuse ao que decida a empresa encargada das tarefas. "As alternativas fainas a empresa e supervisa a administración", lembrou a subdelegada, quen insistiu en que "até o sábado" seguirase "tentando".