Trasladan a unha muller de 84 anos tras envorcar co coche no centro de Lugo

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 24 octubre 2021 16:51

   LUGO, 24 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller de 84 anos de idade tivo que ser trasladada ferida até un hospital despois de sufrir un accidente de tráfico que deixou o seu coche envorcado no centro de Lugo.

   En concreto, segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, o sinistro ocorreu á altura do número 120 da Avenida da Coruña, ao redor das 10,10 horas deste domingo.

   Nese momento, varias persoas contactaron coa central de emerxencias para alertar de que un coche envorcara despois de chocar contra outros que estaban aparcados nas marxes da estrada. Ademais, os alertantas indicaban que podía haber xente con dificultade para saír.

   Deste xeito, o 112 avisou aos bombeiros de Lugo, que se desprazaron até o lugar e liberaron --sen empregar material de excarceración-- á anciá, que tiña problemas para abandonar o coche porque aínda tiña posto o cinto.

   Tamén foron avisados a Policía Local e Urxencias Sanitarias-061, que trasladaron á octoxenaria até o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo indican fontes do operativo.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado