Tres días de loito oficial en Galicia polo falecemento do conselleiro de Facenda

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (3i), participa nun minuto de silencio en memoria do conselleiro de Facenda e Administración Pública.
César Arxina - Europa Press
Publicado: jueves, 7 octubre 2021 16:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O Goberno autonómico decretou tres días de loito oficial en Galicia tras a morte de forma repentina do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o pasado mércores mentres se atopaba traballando no complexo administrativo da Xunta en San Caetano.

   Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego a causa do falecemento do conselleiro de Facenda e administración Pública, o Executivo autonómico constata que, con este paso, "ten a vontade de facer público a dor dos seus membros e de todos os cidadáns".

   En consonancia, o Diario Oficial de Galicia xa publicou unha nova edición, despois da reunión do Goberno autonómico deste mesmo xoves, na que se declara loito oficial en Galicia desde as 00,00 horas deste 7 de outubro até a medianoite do sábado 9 de outubro.

   Nos días que dure o loito oficial ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta --como o complexo administrativo de San Caetano ou a residencia oficial do presidente autonómico en Monte Pío--.

UN CONSELLO EXTRAORDINARIO NO SEU DÍA HABITUAL

   Este foi un dos acordos adoptados no Consello da Xunta que Alberto Núñez Feijóo presidiu este xoves. Nunha xornada na que a axenda dos cargos autonómicos foi anulada en sinal de respecto e dó, mantívose esta cita semanal, na que apenas se aprobaron un par de asuntos considerados urxentes.

   Ademais do loito, tamén se aprobou a encomenda temporal das competencias de Facenda para a Vicepresidencia Primeira, que dirixe Alfonso Rueda, que asumirá a responsabilidade ata que se nomee un novo responsable das contas públicas autonómicas.

   Após o Consello, numerosos empregados públicos, conselleiros e outros cargos autonómicos renderon homenaxe a Valeriano Martínez nun longo minuto de silencio que se prolongou durante varios e que culminou cun aplauso.

Leer más acerca de: