A Policía Naiconal busca por toda España a este grupo criminal que estaría composto por até unha decena de persoas
OURENSE, 11 Dic. (EUROPA PRESS) -
Unha banda organizada, de entre oito e dez encapuchados, asaltou o pasado luns unha vivenda en Ourense e, tras amordazar a un matrimonio de avanzada idade, conseguiron facerse cun botín de "importante valor".
Así o confirman a Europa Press fontes coñecedoras da investigación, que sinalan que a Policía Nacional de Ourense xa está "en permanente contacto" con Madrid para ampliar a toda España o perímetro de procura deste grupo.
Segundo as primeiras pescudas, trataríase dunha banda profesional, dedicada a este tipo de crimes por todo o territorio nacional, polo que non se trata dun asalto fortuíto. Ao parecer, serían cidadáns de Europa do leste.
O luns, accederon ao interior da casa, situada no barrio ourensán do Pino, e maniataron ao matrimonio. Tras conseguir que lles desen as claves das caixas fortes, fixéronse con xoias e outros aveños de "un importante valor".
Acto seguido, de acordo coas mesmas fontes, fuxiron da vivenda pola estrada en dirección cara a Madrid. O aviso á Policía chegou hora e media despois.