Varios feridos atropelados por un vehículo que invadiu unha terraza en Vigo

Archivo - Arquivo - Coche da Policia Local.
XUNTA DE GALICIA - Archivo
Publicado: domingo, 7 julio 2024 16:50

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Varias persoas resultaron feridas despois de que un vehículo invadise a terraza dun establecemento hostaleiro situado na rúa Rosalía de Castro, en Vigo.

   Segundo as primeiras informacións, os servizos sanitarios atenderon a catro persoas que necesitaron ser trasladadas a centros hospitalarios, mentres valoraban a evuación dun quinto ferido.

   Tal e como informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 15.15 horas. Nese momento, varios particulares alertaron á central de emerxencias deste incidente.

   Até o lugar, ademais dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desprazáronse efectivos da Policía Local, dos Bombeiros de Vigo e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Leer más acerca de: