A Xunta aproba o calendario laboral de Galicia para 2025: descobre que días serán festivos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello do 8 de xullo de 2024.
XUNTA
Publicado: lunes, 8 julio 2024 17:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O Consello da Xunta aprobou este luns o calendario laboral galego para 2025, que recolle como festivos propios da Comunidade Autónoma o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que o ano que vén caerá en sábado; e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, que será un venres.

   Tal e como explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, a normativa estatal recolle que hai ao ano un total de 14 festivos, dos cales dous son elixidos por cada concello.

   Dos 12 restantes, nove son obrigatorios para toda España, polo que só poden ser substituídos polas autonomías no caso de que caian en domingo. Estes son o 1 de xaneiro, o Venres Santo (en 2025, o 18 de abril), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.

   O próximo ano, o 12 de outubro, o Día Nacional de España, cae en domingo, polo que a Xunta optou por substituílo polo Día das Letras Galegas, o sábado 17 de maio.

   A maiores destes, a normativa estatal recolle outro tres festivos nacionais opcionais, que cada comunidade pode cambialos. Destes, o Goberno galego ratificou o 6 de xaneiro, Día de Reis, e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia; mentres que descartou o 19 de marzo, Día de San José.

Leer más acerca de: