Será a través da segunda convocatoria do programa 'Retorna Cualifica Emprego', que busca que a diáspora volva "cun contrato na man"
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -
A Xunta lanzará unha nova convocatoria do programa 'Retorna Cualifica Emprego', que busca facilitar o retorno dos galegos da diáspora a través de ofertas de traballo. Entre as principais novidades de estarán segunda edición, estarán axudas destinadas ao aluguer e para que as empresas poidan rehabilitar vivendas que pór a disposición destes empregados.
Así o destacou o presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior á reunión semanal do Consello, na que se avaliou esta nova convocatoria por 2,3 millóns de euros --medio millón máis-- e que buscará a volta de 200 galegos menores de 55 anos que residen no exterior.
'Retorna Cualifica Emprego' ten o obxectivo de que aqueles que queiran volver a Galicia "o fagan cun contrato na man e con perspectivas de traballo e vida estables", tal e como explicou o titular da Xunta.
A nova convocatoria fará especial fincapé en que os candidatos respondan os perfís concretos que requiren as empresas interesadas, o que inclúe a elaboración de plans personalizados de cualificación e empregabilidade.
Ademais, haberá axudas para facilitar o acceso dos retornados a un aluguer. Así, o Goberno autonómico financiará a renda durante un máximo de tres meses e outros gastos asociados, como as fianzas e as altas nas subministracións de luz, auga e teléfono.
Tamén se publicará, en 2025, unha nova orde bianual de subvencións, por un total de dous millóns de euros, para que empresas poidan rehabilitar vivendas que porán a disposición dos traballadores retornados.
O programa 'Retorna Cualifica Emprego' enmárcase dentro da estratexia global 'Galicia Retorna', coa que a Xunta busca a volta á Comunidade tanto persoas que emigraron como dos seus descendentes.