A Xunta pide ao Goberno unha "nova proposta" do mapa concesional do transporte que "non penalice" o rural galego

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, nunha intervención no Parlamento de Galicia.
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 11 abril 2025 17:42

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Abr. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta pediu ao Goberno central que "escoite" ao Congreso dos Deputados e, "sen máis dilacións", reitre o borrador do novo mapa concesional estatal do transporte e convoque a Conferencia Sectorial de Transportes para tratar, "en consenso" coas Comunidades Autónomas, unha nova proposta que "non penalice" ao rural galego e que "teña en conta as particularidades dos distintos territorios".

    Así o trasladou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, tras ser aprobada na Cámara Baixa unha proposición non de lei sobre o novo mapa concesional estatal dos servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada.

   Esta cuestión, insistiu, a Xunta lévaa reclamando ao Executivo central "desde hai tempo sen ter até agora resposta". Neste sentido, lembrou que a Conferencia "non se convoca" desde xullo de 2022, a pesar de que o regulamento establece que debe convocarse "polo menos unha vez cada seis meses".

    O conselleiro subliñou que o Executivo autonómico manifestou, "desde o primeiro momento, o seu desacordo" coa proposta do Goberno ao entender que "se pretende impor sen negociar" coas comunidades un plan que "provocará desigualdades territoriais coa supresión de servizos e desconecta ao rural da rede estatal".

    Neste sentido, lembrou que, no caso de Galicia, "deixará illados" máis dunha vintena de concellos, que suman 130.000 habitantes, elimina 87 paradas, deixa localidades sen paradas nas rutas estatais "obrigando a facer transbordos" e "reduce nun cento" as conexións entre concellos galegos e en máis de 70 con outras comunidades.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado