Un estudo da Xunta estima en 23,6 millóns o "beneficio" social da Cidade da Cultura, "o dobre" do investimento

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou un informe sobre o beneficio anual que xera na sociedade a Cidade da Cultura
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou un informe sobre o beneficio anual que xera na sociedade a Cidade da Cultura - MONICA ARCAY CARRO
Publicado: jueves, 27 junio 2024 20:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Un estudo de contabilidade social elaborado pola Xunta estima en 23,6 millóns de euros o "valor" que a Cidade da Cultura xera anualmente na sociedade.

   As cifras desta análise reflicten a suma do balance de contabilidade tradicional co que xeran cuestións fóra de mercado como as actividades gratis, os espazos de estudo, as zonas verdes ou a propia oferta formativa.

   Trátase dun estudo levado a cabo en colaboración coa Universidade de Deusto e que o titular de Cultura da Xunta, José López Campos, presentou este xoves ante o padroado da Fundación Cidade da Cultura. Segundo dixo o conselleiro, o informe reflicte o "valor xerado" no Gaiás e como este "duplica" ao investimento público.

   Por outra banda está o valor de mercado, que mostra que se "xeran" case 14 millóns de euros a través da venda de entradas, contratos a artistas e provedores ou o aluguer de espazos, entre outras cuestións.

   O estudo, que se levou a cabo con datos do 2022, confirma unha mellora respecto dos datos do primeiro informe de Contabilidade Social que se realizou en 2019. Ademais, López Campos subliñou que estas cifras "achegan" unha imaxe "máis completa" do papel que "xoga" este complexo en Galicia e do que "xera" na súa contorna.

Contador

Leer más acerca de: