A RAG dedicará o Día das Letras Galegas 2025 ao cancionero popular

Publicado: viernes, 5 julio 2024 15:08

A CORUÑA 5 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Real Academia Galega (RAG) dedicará no ano 2025 o Día das Letras Galegas ao cancionero popular.

Así o decidiu o pleno da institución reunido este venres en sesión ordinaria e anunciouno, en rolda de prensa, o presidente da institución académica, Víctor F. Freixanes.

Esta proposta de poesía oral, impulsada pola académica Ana Boullón, xa concorreu o ano pasado no que finalmente se decidiu homenaxear en 2024 a Luísa Villalta.

Nesta candidatura están incluídas as cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, a pandereteira Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Malpica), que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)