SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Xunta confirmou o nomeamento de Elvira Domínguez Alonso como nova delegada do Goberno en Uruguai, unha medida para reforzar "a presenza da Xunta" no país, tal e como destacou o presidente do Goberno de Galicia, Alfonso Rueda.
Así, Domínguez Alonso, filla de emigrantes galegos en Montevideo, asumirá as responsabilidades que até agora ostentaba Alejandro López Dobarro, quen exercía de delegado da Xunta tanto no páis charrúa como en Arxentina. Deste xeito, Dobarro centrarase no seu labor no país arxentino.
Mediante un comunicado, a Xunta recolle que elixiu a Elvira Domínguez, licenciada en Administración, pola súa "extensa experiencia" no sector público do país americano como profesional e directiva.
No seu currículo destaca o seu traballo como docente na Universidade da Empresa de Montevideo e na Facultade de Enxeñaría da Universidade da República; o seu coñecemento sobre a emigración galega, e ser a primeira presidenta da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai en 2017.
CONDENA Á CRTVG
Por outra banda, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello e preguntado pola decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de declarar firme a sentenza contra a CRTVG por vulnerar os dereitos dun traballador, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, limitouse a mostrar o seu respecto polas "sentenzas xudiciais".